TST1

Trienal Sarria Triennial é un programa experimental de Arte Contemporánea xenerado dende un contexto improbable.
Utiliza ferramentas que ofrecen as diferentes disciplinas creativas para fomentar o pensamento crítico e difundir manifestacións culturais significativas.

ARQUIPÉLAGO INTERIOR é o titulo da primeira edición de TST1.

Esta imaxen aporta o marco discursivo que articula o programa público a desenvolver durante os anos 2024, 2025 e 2026, período no que se realizarán cinco bloques expositivos principais.

Cada un dos bloques desplega unha exposición central na que cinco artistas ou colectivos presentarán obras e proxectos sensibles ao contexto, relacionados coa temática xeral do programa e as suas imprevistas relacións.

Os artistas e comisarios que participan nas cinco mostras son profesionais con diversos grados de relación co territorio transnacional de Galiza, Portugal e resto do noroeste peninsular, convidados a participar en TST1 tendo en conta o seus percursos baixo criterios de excelencia, igualdade de xénero, transversalidade xeneracional e non discriminación.
A través das suas propostas invitamos a reflexionar sobre as múltiples (e as veces encontradas) aproximacións á ruralidade que eclosionan no momento presente, sobre cómo os movementos migratorios de ida e volta conforman históricamente a perspectiva humano deste contexto, e sobre aqueles modos de producción de experiencia e sentido que podemos explorar colectivamente.

As cinco exposicións celebraránse en A SEDE Sárria-Núcleo Difusor de Arte Contemporánea, o centro de operacións do colectivo cultural AAC HUHÚ. Estas exposicións e o resto de actividades estarán disponibles ao público de xeito gratuito.

Os programas complétase con actividades públicas paralelas que se desenvolven en diversas localizacións da comarca de Sárria, con especial énfase nas realizadas no entorno rural e no espazo público dos núcleos urbanos.
Un esforzo especial será posto na articulación de actividades formativas, en colaboración cos centros educativos, institucións e asociacións locais.

Desbordando o seu propio nome TST1 non é so una Trienal: é un Trienio. 

×