En xuño de 2024 inaugurouse A SEDE Sárria-Núcleo Difusor de Arte Contemporánea.
É un multiespazo versatil inserido nun recinto industrial construido na década dos 1940s.
Cunha estética minimalista que respeta os vestixios do seu uso e aspecto orixinais. A SEDE acolle o centro de operacións do colectivo cultural HU-HÚ.
Este espazo é o punto focal dentro do programa de arte contemporánea TSTI Trienal Sarria Trienial (2024-2026).
O mesmo tempo, A SEDE ofrece unha programación regular con eventos, presentacións, performances e outras manifestacións contemporáneas.
Nun territorio históricamente deficitario a nivel de estructuras culturais, A SEDE pretende ser unha ponte e nexo entre a AAC Huhú e outras organizacións e iniciativas que, operando no contexto próximo, non conten con espazos propios onde levar a cabo as súas iniciativas.
A SEDE Sárria-Núcleo Difusor de Arte Contemporánea é un espazo de 266 metros cuadrados, con tres zonas diferenciadas.
O chan é cemento pulido sen tratar.
As paredes conservan o enmasado e pintura orixinais e poden ser perforadas para a instalación de obra.
Conta cunha altura de 7,64 metros noseu punto máis alto. e tres arcos de 4,80 metros de alto que dan acceso á zona expositiva principal.
A zona expositiva principal (identificada como local 3 nas plantas) conta cunha superficie de 192.6 metros cuadrados.
Se queres presentar unha proposta, existe un documento .divg (autocad) cas medidas exactas do levantamento. Pode ser solicitado a traves do correo de contacto.
Igualmente existen fotografías descriptivas do espazo en alta calidade.