TST1 é un proxecto coordinado pola AAC Huhú, unha organización sen ánimo de lucro e con vontade de servicio público.
Os obxetivos e motivacións que impulsan a primeira edición de TRIENAL SARRIA TRIENNIAL son os seguintes:
- A conexión do noroeste galaico-portugués alén do eixo urbano Atlántico, a través da cultura, e, en particular, da creación dun fluxo de capital inmaterial entre estas dúas áreas desconectadas pero próximas.
- A creación e xestión dunha infraestructura cultural independente e áxil.
- A implantación de enfoques e prácticas inclusivas nos procesos creativos para a producción e difusión de pensamento crítico.
- A catalización de novos públicos sensibles coas prácticas artísticas contemporáneas.
O foco específico son aquelas comunidades e colectivos demográficos tradicionalmente considerados subalternos e, polo tanto, maioritariamente disociados do potencial emancipador que a arte posúe.
- O impulso de boas prácticas no sector das artes e da xestión cultural.
TST1 traballa para a creación e aplicación dun marco seguro de protocolos profesionais no seu trato con artistas, colectivos e organizacións colaboradoras. Buscamos unha xestión de calidade particularmente nos planos contractuais, de sostibilidade social e medioambiental así como da inclusión e a responsabilidade colectiva.
